O CEMIT de Betanzos organiza tres actividades para o mes de marzo

ACoruñaXa
As actividades que acollerá o Centro para a Modernización e Inclusión Social terán como base o emprego das novas tecnoloxías dirixido a persoas se coñecementos previos
Ordenadores
24 Feb 2024

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar tres actividades formativas.

Os días 4, 6, 8 e 11 de marzo acollerá un curso de 'Iniciación á Informática' dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10.00 a 11.30 horas.

Os días 13 e 14 de marzo terá lugar o curso 'MullerTIC' dirixido á poboación feminina. En horario de 11.00 a 14.00 horas o día 13 e de 11.00 a 12.30 horas o día 14. En cambio o día 18 de marzo terá lugar a charla 'Factura da Luz' dirixido á poboación en xeral. En horario de 11.00 a 12.30 horas.

Todos os interesados en inscribirse deberán dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, nº 1 ou fácelo a través da páxina web oficial. Tamén poden chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal.

 

0.18754911422729