O CEIP Vales Villamarín de Betanzos abre o prazo de inscripción para o servizo comedor e mañanceiros

ACoruñaXa
Existen dous períodos de solicitude: un de renovación de prazas e outro de novos ingresos
Imaxe recurso dun comedor escolar
24 Maio 2024

O Concello de Betanzos informa de que a partir do luns 27 de maio ata o martes 4 de xuño abrírase o prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza do servizo de comedor e mañanceiros do CEIP Vales Villamarín.

Ademais, do xoves 13 de xuño ao  domingo 23 de xuño abríranse as solicitudes de novo ingreso.

Todas aquelas persoas interesadas en renovar as prazas no servizo deberán cubir o seguinte formulario, mentres que as de novo ingreso deberán cubrir este outro formulario. Doutra banda,a solicitude de bonificación de novo ingreso deberá descargarse no seguinte enlace e a de renovación de praza neste outro enlace.

0.10025215148926