O CEIP Plurilingüe Tarrío de Culleredo celebra os seus 50 anos este sábado coa XVI Tarriomería
Culleredo celebra este sábado, 25 de maio, no CEIP Plurilingüe Tarrío a décimo sexta edición da Tarriomería, unha xornada festiva que pon o peche ao curso reunindo por centos de familias do centro. A romaría empezará 11.30 horas e contará con multitude de actividades para todos os públicos.
O Concello habilitará varias parcelas na contorna do colexio, onde se celebra a festa, para facilitar o aparcamento ás veciñas e veciños. Servirán tamén para dar servizo ao polideportivo.
A partir das 12.00 horas terán lugar xogos e talleres para os máis pequenos, música, humor e gastronomía. Participarán, entre outras figuras, o artista Andrés Solórzano; o humorista Marcos Pereiro ou o grupo ‘Mamácabra’.
Na Tarriomería haberá inchables, exposicións, talleres variados, master class de zoa, sesión vermut ou verbena. A comida será un momento importante con churrascada, callos e paella.
O evento poñerá así o broche de ouro á conmemoración dos 50 anos nacemento do centro educativo, que reuniu durante o ano a todas as xeracións que estudaron entre os seus muros, profesorado e demais comunidade educativa.
A festa está organizado polo CEIP Tarrío coa colaboración do Concello de Culleredo e do ANPA do centro.