O CEIP ADR Castelao de Ordes prepara a súa segunda Acampada Interna

A ANPA do CEIP ADR Castelao, en Ordes, organiza a II Acampada Interna, unha proposta pensada para que o alumnado de Educación Primaria poida gozar dunha experiencia de convivencia, natureza e diversión nunha contorna segura e coñecida.
A actividade desenvolverase do venres 15 ao domingo 17 de maio de 2026 nas instalacións do propio centro educativo. O prezo é de 75 euros e inclúe tres días de acampada, dúas ceas, dous almorzos, unha comida, unha merenda, tenda de campaña e un programa completo de actividades.
A inscrición permanecerá aberta ata o luns 11 de maio e deberá realizarse en liña. Antes da acampada, celebrarase unha reunión informativa o mércores 13 de maio, ás 17.00 horas, no CEIP ADR Castelao.
A benvida das persoas participantes será o venres 15 de maio entre as 17.30 e as 18.30 horas, mentres que a despedida está prevista para o domingo 17 de maio ás 11.00 horas.
Desde a organización destacan que esta iniciativa busca fomentar a autonomía, o compañeirismo e o contacto coa natureza entre os nenos e nenas, ofrecéndolles unha experiencia diferente sen saír do ámbito escolar. Para máis información, as familias poden contactar no teléfono 614 911 051 ou no correo uxia.asmarinhas@gmail.com.