O catedrático Francisco Javier Blanco ingresa na Real Academia Nacional de Farmacia

ACoruñaXa
É xefe de sección de Reumatoloxía Clínica e Traslacional no CHUAC onde lidera o Grupo de Investigación de Reumatoloxía GIR-INIBIC
O reumatólogo Francisco Javier Blanco García,
23 Abr 2024

O catedrático de Reumatoloxía da UDC, Francisco Javier Blanco García, tomará este martes á tarde posesión da súa praza como académico correspondente na Real Academia de Farmacia. Con motivo do seu ingreso, o profesor Blanco impartirá unha conferencia titulada: 'Novas dianas terapéuticas na Osteoartrite de xeonllo'. Será presentado pola Académica de Número, a investigadora María Vallet Regí.

Francisco Javier Blanco (Cee, A Coruña, 1963) é profesor titular de Reumatoloxía na UDC, onde tamén dirixe a cátedra Fundación San Rafael-UDC. É xefe de sección de Reumatoloxía Clínica e Traslacional no CHUAC onde lidera o Grupo de Investigación de Reumatoloxía GIR-INIBIC. Dende 2010 é experto na área das Enfermidades Reumáticas da EMA (Axencia Europea do Medicamento).

As súas contribucións na área científica teñen sido moi influentes tanto en investigación básica como clínica, tendo un profundo impacto principalmente no entendemento da patoxéneses e diagnóstico da Artrose (OA), o que lle ten valido para recibir diferentes premios nas últimas dúas décadas.

0.17931699752808