O cantautor Pepe Piña actuará este xoves na Coruña

Cartel do concerto de Pepe Piña na CoruñaO cantautor galego Pepe Piña actuará este xoves 22 de febreiro ás 20.00 horas no espazo de Portas Ártabras da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia. O músico é un referente da "movida" santiaguesa dos anos 80 e realizará un recorrido a través da súa música de onte e de hoxe.
A entrada ao evento é de balde ata completar aforo. Pepe Piña no 1980 foi fundador, entre outros do grupo 'SEMEN UP' con Alberto Comesaña, Tino López, Jorge del Rio y Quique Magán. Pasando por varios grupos 'O Carro', 'O triceratops', 'Haceros del Norte', 'Cosecha Roja' e 'Clave de Fado'. Na actualidade, en solitario, mestura os seus temas de influencias moi variadas, da Bossa ao Blues, o Pop, fado e a canción de autor.