O cantautor Pepe Piña actuará este xoves na Coruña
ACoruñaXa
O músico galego actuará este xoves 22 de febreiro ás 20.00 horas no espazo de Portas Ártabras da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia
21 Feb 2024
O cantautor galego Pepe Piña actuará este xoves 22 de febreiro ás 20.00 horas no espazo de Portas Ártabras da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia. O músico é un referente da "movida" santiaguesa dos anos 80 e realizará un recorrido a través da súa música de onte e de hoxe.
A entrada ao evento é de balde ata completar aforo. Pepe Piña no 1980 foi fundador, entre outros do grupo 'SEMEN UP' con Alberto Comesaña, Tino López, Jorge del Rio y Quique Magán. Pasando por varios grupos 'O Carro', 'O triceratops', 'Haceros del Norte', 'Cosecha Roja' e 'Clave de Fado'. Na actualidade, en solitario, mestura os seus temas de influencias moi variadas, da Bossa ao Blues, o Pop, fado e a canción de autor.