O cantante LODE converte 'Malo Será' nun himno para o treito decisivo do Dépor

ACoruñaXa
O artista naronés adapta o seu tema 'Malo Será' nunha versión blanquiazul antes do partido deste sábado contra o Burgos CF
A CORUÑA lode
24 Apr 2026

O artista naronés LODE lanzou 'Malo Será (Forza Depor)', unha versión do seu tema 'Malo Será' creada como canción de apoio ao Deportivo da Coruña no tramo decisivo da tempada. O sinxelo nace coa intención de converterse nun novo cántico para a afección branquiazul e chega antes do partido deste sábado, 25 de abril, contra o Burgos CF, ás 18.30 horas, no estadio de El Plantío.

A canción toma como punto de partida unha expresión moi galega, 'malo será', entendida como unha mensaxe de ánimo, resistencia e confianza mesmo nos momentos difíciles. LODE quere trasladar esa idea ao deportivismo, unha afección que acompañou o equipo durante os anos máis duros e que agora volve ilusionarse coa posibilidade de regresar á Primeira División.

O Dépor chega a esta recta final nunha posición privilexiada. O equipo coruñés ocupa o segundo posto de LaLiga Hypermotion con 64 puntos tras 36 xornadas, en zona de ascenso directo, mentres que o Burgos é sexto con 60. O encontro deste sábado é, polo tanto, unha cita clave entre dous rivais metidos de cheo na pelexa polos postos altos.

Con seis partidos por diante, cada punto pode marcar a diferenza nunha categoría moi igualada. Nese contexto, 'Malo Será (Forza Depor)' preséntase como unha banda sonora para acompañar ao equipo e á bancada nun final de Liga no que Riazor e o deportivismo queren volver soñar ao grande.

0.086081981658936