O candidato do PP ao Parlamento Europeo pide o voto nos barrios coruñeses dos Mallos e da Sardiñeira

ACoruñaXa
Adrián Vázquez sinalou que no día en que se cumpre un ano das eleccións municipais, a mala xestión do Psoe e BNG na cidade repítese tamén en Bruxelas
Imaxe do candidato ao Parlamento Europeo por parte do PP na Coruña
28 Maio 2024

O candidato do Partido Popular ao Parlamento Europeo Adrián Vázquez, visitou este martes os barrios coruñeses dos Mallos e A Sardiñeira acompañado polo presidente do PP coruñés, Miguel Lorenzo.

Durante a visista, Adrián Vázquez sinalou que no día en que se cumpre un ano das eleccións municipais, a mala xestión do Psoe e BNG na cidade repítese tamén en Bruxelas, onde ambos votan en contra das propostas que benefician aos nosos pescadores, agricultores e gandeiros.

“Mandar á ministra de Intransixencia Ecolóxica, Teresa Ribeira, a Bruxelas a defender o rural galego é como poñer ao lobo para coidar das ovellas. Por iso é necesario votar ao Partido Popular o próximo 9 de xuño”, destacou o candidato Popular.

0.22103714942932