O Campus Xuncas de Cambre chega ao se fin

ACoruñaXa
A iniciativa celebrouse no municipio durante as dúas últimas semanas, cultivando, unha vez máis, un gran éxito en cifras de participación
deportistas do campus xuncas de cambre
Os deportitas do Campus Xuncas
27 Xul 2024

Cambre despediu á nova canteira de novas promesas do baloncesto. Trátase de máis dun centenar de mozos e mozas que se formaron, ao longo das últimas semanas, no Campus Xuncas Internacional, organizado polo Club Xuncas Diversia e o Club Baloncesto Cambre en colaboración co Concello. O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, David Saborido, acudiu á clausura- do programa celebrada no pavillón Sofía Toro.

A iniciativa celebrouse no municipio durante as dúas últimas semanas, cultivando, unha vez máis, un gran éxito en cifras de participación. Esta é a cuarta vez que o programa se desenvolve en Cambre pero, neste 2024, introducíronse varias novidades. Entre elas, o Campus Xuncas adquiriu un carácter internacional, formando a mozos tanto de Galicia como do resto de España e mesmo do estranxeiro. Así, o alumnado procedía de Cambre, Culleredo, Nigrán, Montrove, Santiago, Lugo, Sarria, A Coruña, Madrid, Palma de Mallorca e Estados Unidos

Con respecto a outras edicións, o campus incorporou un grupo especial de tecnificación no que tomaron parte varias xogadoras da liga Feminina de Baloncesto. A maiores, o programa contou coa participación de 13 adestradores que se encargaron de inculcar aos mozos a paixón por este deporte. O Campus Xuncas Internacional contou tamén cun preparador físico e cunha fisioterapeuta.

Máis aló dos adestramentos, o campus ofreceu tamén propostas de lecer. Ao longo da experiencia, as persoas participantes puideron realizar saídas e outras actividades complementarias.

0.065069198608398