O campamento 'Cullerolimpíadas' botou a andar esta semana en Culleredo

ACoruñaXa
Dirixido a nenos de 3 a 12 anos, comezou no CEIP Vila de Rutis e se desenvolvera ao longo desta Semana Santa permitindo a conciliación familiar
Imaxe do campamento infantil 'Cullerolimpíadas' en Culleredo
26 Mar 2024

O Concello de Culleredo continúa impulsando programas que favorezan a conciliación familiar e laboral, nesta ocasión coa celebración do Campamento de Primavera que comezou onte no CEIP Vila de Rutis e que ten como elemento central os Xogos Olímpicos.

'Cullerolimpíadas' desenvolverase durante os días de Semana Santa, concretamente o 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril no CEIP Vila de Rutis en horario de 9.00 a 14.00 horas. Está dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos que estean matriculados en Educación Infantil ou Primaria. Ofértanse un total de 100 prazas, das que se cubriron 71.

Penélope López, concelleira de Cultura, quixo achegarse ata o centro para charlar un intre con nenas, nenos e educadores. A edila sinalou que “observamos un incremento do éxito tamén na quenda con comedor, o que significa que é un programa que está a funcionar fenomenal e así queremos que siga sendo”, engadiu.

“Ademais, nesta ocasión a temática é súper divertida: os Xogos Olímpicos. Algúns papás e mamás xa me comentaron que teñen longas conversacións sobre esta famosa cita deportiva cando os van a recoller. Estamos moi contentas e contentos”, finalizou.

 

0.15950298309326