O C.F. Vilarmaior organiza a '1ª Copa Cadete Concello de Vilarmaior'

ACoruñaXa
A copa disputarase o vindeiro 15 de xuño no Campo de Fútbol Municipal da Armada – Vilarmaior
Imaxe do cartel da '1ª Copa Cadete Concello de Vilarmaior'
29 Maio 2024

O C.F. Vilarmaior organiza o próximo 15 de xuño a '1ª Copa Cadete Concello de Vilarmaior'.

Esta copa disputarase desde as 9.00 horas, no Campo de Fútbol Municipal da Armada – Vilarmaior e nel enfrontaranse tanto equipos da comarca de Ferrolterra como das Mariñas coruñesas. En categoría cadete, é dicir xogadores de entre 14 e 15 anos de idade.

A competición organízase como liga a unha soa volta, de catro grupos de tres equipos, clasificándose os 2 primeiros de cada grupo para cuartos de final e a partir de aí semifinais e final.

O C.F. Vilarmaior organiza este evento en colaboración co Concello de Vilarmaior, a Deputación da Coruña e a Real Federación Galega de Fútbol.

Neste sentido, o C.F. Vilarmaior, coa organización desta competición pretende fomentar o deporte en idade escolar, dar a coñecer o noso Concello e xerar afección ao fútbol basee na nosa contorna máis próxima.

Todo aquel que se queira inscribir ou que precise máis información pode poñerse en contacto coa organización do evento escribindo ao seguinte enderezo de correo electrónico: cfvilarmaior@gmail.com

 

CARTEL
0.15213108062744