O BNG reclama un informe urxente sobre as perdas económicas de Betanzos tralo rexeitamento do plan de axuste

ACoruñaXa
O partido nacionalista pide transparencia ao goberno municipal e detalles sobre a caída nas transferencias estatais
Imaxe de Amelia Sánchez do BNG de Betanzos
25 Out 2024

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) instou ao Concello de Betanzos a realizar un informe que detalle as repercusións económicas da non aprobación do plan de axuste, vinculado ao programa de pago a provedores do Ministerio de Facenda. A formación nacionalista levará esta solicitude ao próximo pleno ordinario para que se aclaren as perdas nos ingresos estatais que afrontará o concello e o tempo estimado destas restricións.

Amelia Sánchez, voceira do BNG, enfatizou que a veciñanza debe ter acceso a información detallada e concreta sobre as consecuencias económicas desta decisión. “A veciñanza precisa claridade sobre canto deixará de recibir o Concello e o impacto no gasto corrente e no persoal”, apuntou Sánchez, insistindo na importancia de prever estes efectos na xestión local.

A falta de transparencia do goberno local tamén foi criticada polo BNG, especialmente tras a decisión de non gravar nin retransmitir o último pleno sen ningún tipo de explicación. “Esiximos ao equipo de goberno que informe de xeito claro, xa que a veciñanza merece coñecer as causas e as repercusións desta situación financeira”, concluíu a voceira.

0.31900000572205