O BNG reclama no Parlamento Galego a hospitalización a domicilio para Sada

ACoruñaXa
A deputada Iria Taibo rexistrou iniciativas para demandar a ampliación deste servizo, xa aprobado no Pleno municipal
Imaxe-recurso-persoas-maiores
3 Dec 2024

O Bloque Nacionalista Galego (BNG), a través da súa deputada Iria Taibo, levará ao Parlamento Galego a demanda de inclusión de Sada no servizo de hospitalización a domicilio (HADO) do SERGAS. Esta solicitude xa fora aprobada no Pleno municipal de Sada e busca garantir unha mellor atención sanitaria aos veciños e veciñas do concello.

A hospitalización a domicilio permite ofrecer coidados de rango hospitalario nos fogares dos pacientes, sendo un eixo fundamental na transformación da asistencia sanitaria, especialmente nun contexto de envellecemento poboacional. A unidade de HADO do CHUAC, que atende actualmente uns 1.400 pacientes na comarca da Coruña, só inclúe os concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros e a cidade herculina.

Sada, con máis de 15.000 habitantes, queda excluído deste servizo a pesar de que o propio Parlamento Galego, en setembro de 2023, aprobara unha iniciativa do BNG que instaba ao goberno galego a ampliar a cobertura do HADO a toda a poboación galega, dotando o programa dos recursos materiais e humanos necesarios.

Iria Taibo anunciou que preguntará ao goberno galego polas súas previsións para implementar este servizo en Sada, asegurando que esta demanda é un seguimento do acordo plenario municipal e responde á crecente necesidade de mellorar a asistencia sanitaria no concello.

0.16243100166321