O BNG reclama á Xunta a dragaxe urxente do porto de Miño

ACoruñaXa
O voceiro Alberte G. Nicolás denuncia que levan 13 anos sen actuar a pesar dos reiterados anuncios
O o voceiro do BNG de Miño Alberte G. Nicolás
18 Dec 2024

O BNG de Miño presentou unha iniciativa no Pleno municipal para instar á Xunta de Galicia a executar con carácter urxente a dragaxe do porto de Miño. Segundo explicaron, o porto acumula unha elevada cantidade de sedimentos que dificultan a navegación, especialmente en marea baixa, onde as embarcacións quedan apoiadas sobre a area.

“É inaceptable que levemos máis dunha década sen unha intervención necesaria como esta. En 2023, o titular de Portos de Galiza visitou Miño e comprometeu a obra, pero nin nos orzamentos de 2024 nin nos de 2025 hai unha partida destinada á dragaxe”, lamentou Alberte G. Nicolás, voceiro do BNG.

As nacionalistas lembran que este tipo de actuacións son necesarias periodicamente, cada menos de 10 anos, para manter a operatividade do porto, pero a última vez que se levou a cabo foi en 2011. Ademais, destacaron deficiencias na infraestrutura portuaria, como gretas no espigón e o mal estado da grúa, que atribúen á falta de mantemento.

O BNG tamén reclama unha intervención estrutural no peirao para reducir a acumulación de sedimentos e evitar a necesidade de dragaxes recorrentes. “Non pode ser que Miño teña o único porto do país no que, coa marea baixa, non se poida saír a navegar”, denunciou Nicolás.

 

⚙ Configurar cookies
0.60013198852539