O BNG pide a correcta delimitación das parroquias de Abegondo

ACoruñaXa
A formación sinala que esta corrección evitará erros en documentos futuros e reducirá a frustración e enfado da veciñanza debido aos actuais problemas burocráticos
Blan BNG Abegondo
22 Nov 2024

O BNG solicitou unha revisión exhaustiva e a correcta delimitación das parroquias de Abegondo, co fin de garantir unha distribución precisa e acorde coa realidade xeográfica e histórica do municipio. Blan García Roel, portavoz do BNG en Abegondo, propuxo ao equipo de goberno a creación dun plan que contemple a revisión dos límites das 19 parroquias que conforman o Concello. “Pedimos unha revisión seria, científica, que atenda a criterios xeográficos, históricos, textuais, sociolóxicos e culturais, baseándose en documentos notariais, foros, arrendamentos e outros arquivos que permitan establecer de xeito rigoroso as parroquias do noso municipio”, explicou García Roel.

O BNG subliña que esta revisión resulta fundamental para lograr un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) coherente e fiable, sen os erros e contradicións que presenta o documento actual. Para o BNG, a actual delimitación parroquial responde a unha división artificial que non coincide coa que manexa a propia Xunta de Galicia, o que dá lugar a confusións e problemas administrativos para a veciñanza. A corrección proposta garantiría que os documentos posteriores baseados no PXOM, como licenzas e planificacións, sexan moito máis precisos e fáciles de xestionar.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18011212348938