O BNG impulsará un plan galego de atención ás persoas con discapacidade
A número dous da candidatura do BNG ao Parlamento pola Coruña, Mercedes Queixas, visitou esta mañá a sede da Federación Galega de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza, na Coruña.
A nacionalista galega quixo aproveitar para destacar que coa visita puideron "coñecemos de primeira man como se está a realizar a posta en marcha do servizo de interpretación en lingua de signos na sanidade pública, un dos froitos do traballo do BNG no Parlamento galego nesta lexislatura”. Durante a reunión escoitaron súas achegas do sector e avanzaron en propostas concretas que van ter reflexo no programa electoral do BNG, entre elas a necesaria, segundo Mercedes Queixas, a extensión da lingua de signos no conxunto dos servizos da Administración galega para favorecer a inclusión.
A proposta de Goberno Galego do BNG que presidirá Ana Pontón desenvolverá a Lei de Accesibilidade, aprobada en 2014 no Parlamento galego, mais non posta en práctica pola Xunta, remarcou Queixas. Igualmente: "O goberno do cambio galego impulsará un plan de atención ás persoas con discapacidade e creará un Consello Galego de Persoas con Discapacidade como foro e punto de encontro para debater de forma consensuada as políticas de atención ás persoas xordas”.