O BNG de Paderne celebrou un encontro en sobre comunidades enerxéticas

ACoruñaXa
Os nacionalistas defenden impulsar unha alternativa enerxética de proximidade baseada no autoconsumo colectivo e nas comunidades enerxéticas para que tanto empresas como familias poidan abastecerse de enerxía limpa de quilómetro cero
Imaxe da xuntanza enerxética en Paderne
10 Maio 2024

O BNG celebrou na tarde de onte un encontro en Paderne para falar dos beneficios de promover comunidades enerxéticas para abaratar a factura da luz de familias e empresas usando enerxía limpa de quilómetro cero. No encontro, aberto á veciñanza, participaron a deputada Mercedes Queixas e o deputado Xosé Manuel Golpe así como membros do BNG de Paderne e da comarca.

Neste sentido, o BNG defendeu impulsar unha alternativa enerxética de proximidade baseada no autocosumo colectivo e nas comunidades enerxéticas para que tanto empresas como familias poidan abastecerse de enerxía limpa de quilómetro cero. “Fronte ao modelo do Goberno do PP que entrega a riqueza eléctrica do País ás grandes enerxéticas apostamos por democratizar a enerxía, impulsando un modelo máis descentralizado, incrementando o mix enerxético e poñendo toda esa riqueza eléctrica ao servizo das familias e das empresas”, explicou a deputada Mercedes Queixas.

“As comunidades enerxéticas están formadas por asociacións e cooperativas sen ánimo de lucro dedicadas á distribución da enerxía de fontes renovables. En opinión do deputado, este modelo posibilita un grande abano de posibilidades entre as que destacou servizos de eficiencia e aforro enerxético, consumo, subministro, almacenamento, consumo o carga de vehículos eléctricos”, indicou Xosé Manuel Golpe, deputado do BNG e asesor e enerxético.

Desde o BNG de Paderne lembraron que no acordo co PSOE para o pleno de organización se recollía promover unha comunidade enerxética e pediron ao goberno que actúe para cumprir o acordado. “Outros concellos da nosa comarca como Betanzos ou Coirós está promovendo estas iniciativas e non entendemos cal é a dificultade para que Paderne poida facer o mesmo”, concluíron.

0.20239591598511