O BNG de Betanzos esixe ao Concello que dea conta do legado de Jesús Núñez e do funcionamento do CIEC

ACoruñaXa
Os nacionalistas galegos pedirán no Pleno que se faga público o resultado das auditorías que foron realizadas nos meses pasados
Amelia Sánchez Betanzos BNG
26 Jan 2024

O BNG de Betanzos pedirá no Pleno que o goberno local dea conta do legado de Jesús Núñez á institución, así como a facer público o resultado das auditorías que foron realizadas nos meses pasados.

Dende a agrupación nacionalista consideran que se debe dar conta das auditorías realizadas e dar a coñecer o mapa de ruta para o funcionamento futuro do CIEC, centro artístico de referencia a nivel internacional, e que para isto sería importante valorar a participación do tecido cultural da propia comarca e de Galicia e a colaboración con centros de ensino e asociacións culturais na popularización tanto da súa colección como das súas actividades. Ademais sosteñen que o Concello debe procurar a colaboración doutras institucións como a Deputación da Coruña, a Xunta de Galiza, e as universidades para o financiamento e a xestión, tanto do funcionamento como do persoal, do CIEC.

O BNG pedirá no Pleno que o goberno local  dea conta do legado de Jesús Núñez a esta institución, así como a facer público o resultado das auditorías que foron realizadas nos meses pasados. “Logo do pasamento de Jesús Núñez o pasado mes de outubro, hai unhas semanas, as betanceiras coñeciamos pola prensa o legado do señor Núñez e que este deixaba a súa participación na Fundación, a súa parte da Casa Núñez e a súa obra artística ao Concello de Betanzos”, explicou a voceira do BNG, Amelia Sánchez.

“Coñecemos, tamén pola prensa a existencia de tres auditorías sobre a fundación: unha artística, unha arquitectónica e outra económica, mais non se nos ofreceron datos oficiais sobre estas auditorías”, engadiu a nacionalista. “A día de hoxe, a rumoroloxía e a desinformación medran e no BNG consideramos que o Concello debe aclarar a situación do CIEC e as implicacións que a apertura do testamento de Jesús Núñez ten para o ente municipal”, indicou a nacionalista galega.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17475891113281