O BNG de Betanzos demanda melloras na contorna do porto
O BNG de Betanzos presentou unha iniciativa plenaria co fin de solicitar melloras na zona do porto betanceiro, que presenta numerosas deficiencias no seu mantemento. Non se trata da primeira vez que as nacionalistas e as veciñas e veciñas de Betanzos inciden no mal estado da zona portuaria, que é unha zona comercial e de paseo para gran parte da veciñanza.
Segundo indicou a concelleira nacionalista, Vanessa Rey “as lousas e a varanda do porto está rotas por numerosas partes, existen armazóns de barcos abandonados ao longo do paseo, localízanse vehículos abandonados e non se limparon os restos de madeiros e de vexetación que trouxeron á zona as mareas vivas dos días pasados”.
As nacionalistas solicitáronlle ao goberno local que solucione canto antes as deficiencias que lle afectan a esta zona ou que negocien coa administración competente a solución desta problemática.
“Despois de preguntar en varias sesións plenarias polos avances na construción desta infraestrutura tan demandada polas usuarias e usuarios de embarcacións na Ría de Betanzos, a resposta que se nos deu desde o goberno local é que están agardando os permisos necesarios”, engadiu Rei. Desde o BNG mostraron a súa preocupación polo parálise desta cuestión que leva anos sendo moi demandada e que evitaría ter embarcacións todo o ano nas ramplas e na propia Ría.