O BNG de Bergondo escoitará as inquedanzas dos veciños nas xornadas 'Ti contas'

ACoruñaXa
O voceiro do BNG, David Carro, convida á veciñanza a estas xuntanzas, que levarán a todas as parroquias para achegarse as súas demandas e dar contas do traballo feito polo BNG neste case primeiro ano de mandato
Imaxe do voceiro do BNG en Bergondo, David Carro
11 Abr 2024

O BNG de Bergondo iniciou este martes 9 de abril en Santa Marta, unha nova rolda de xuntanzas veciñais por todas as parroquias, o 'Ti contas', para coñecer as inquedanzas e propostas da veciñanza.

"Estamos sempre do lado da xente, e aí estamos de novo para saber das súas propostas, problemáticas, ou que pensan que podemos mellorar, para entre todos e todas traballar por potenciar Bergondo", indicou o portavoz nacionalista, David Carro.

"Convidamos á veciñanza a estas xuntanzas, que levaremos a todas as parroquias para achegarnos as súas demandas e dar contas do traballo feito polo BNG neste case primeiro ano de mandato”, engadiu o portavoz do BNG.

Logo desta primeira xuntanza en Santa Marta, as próximas son o 11 de abril en Fiobre, o 16 en Vixoi, o 18 en Cortiñán, o 23 en Ouces, o 25 en Guísamo, o 30 en Bergondo, o 2 de maio en Lubre e rematará o 7 de maio en Rois, todas elas as 20.30 horas. nos locais sociais, excepto a de Bergondo que será na polideportiva de San Cidre, e a de Rois que será na praza pública.

0.1932590007782