O BNG da Coruña preguntará ao goberno local polo proxecto cultural da Casa Carré en Eirís

ACoruñaXa
“Trátase dunha casa de relevante valor simbólico e histórico, vinculado á xénese da estirpe galeguista da Coruña que representa a familia Carré”, resalta a concelleira do BNG, Mercedes Queixas
Imaxe da Casa Carré en Eiris
25 Xuño 2024

A concelleira do BNG Mercedes Queixas dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local para saber que proxecto cultural ten deseñado para a Casa Carré, edificio situado no número 46 da estrada de Monelos e que o Concello vai mercar por 459.619 euros.

“Trátase dunha casa de relevante valor simbólico e histórico, vinculado á xénese da estirpe galeguista da Coruña que representa a familia Carré”, resalta Queixas na exposición de motivos desta pregunta.

Polo que, apuntan que sería desde logo desexable, como apunta a asociación veciñal de Eirís, que o Goberno Local artelle un proxecto cultural con xeito para o inmoble, tendo en conta que “non estamos precisamente sobrados na cidade de espazos culturais que se achen nun estado óptimo de mantemento”, remarca Queixas.

 

0.18550300598145