O BNG da Coruña levará ao Pleno o futuro das festas de barrio e o novo financiamento

ACoruñaXa
O concelleiro David Soto cuestiona o compromiso do Goberno Local coas festas dos barrios e a posibilidade de que as asociacións teñan que adiantar fondos
Imaxe das festas dos barrios na Coruña
10 sep 2024

O concelleiro do BNG da Coruña David Soto abordará no Pleno deste xoves 12 de setembro a preocupación das asociacións veciñais sobre o novo mecanismo de organización e financiamento das festas nos barrios. A pregunta oral presentada por Soto será: “Que compromiso ten o Goberno Local coas festas dos barrios?”

Esta iniciativa surxe tras coñecer que, en 2024, “algunhas asociacións veciñais” tiveron que cubrir os custos das festas cos seus propios recursos debido ao “desleixo” e “abandono” do Goberno Local. Soto tamén indica que, en protesta pola falta de apoio, “algunhas asociacións desvinculáronse da organización das festas”.

Para 2025, o Concello de A Coruña anunciou un novo sistema que incluirá un aumento na partida destinada a festas, de 400 a 500 mil euros. Sen embargo, Soto subliña que as asociacións veciñais seguen preocupadas. A principal inquietude é a falta de seguridade de que o novo sistema garantirá a celebración das festas e o medo de que se vén obrigadas a adiantar fondos que non dispoñen para a súa realización.

O BNG demanda claridade e compromisos claros por parte do Goberno Local para asegurar a continuidade e a adecuada celebración das festas nos barrios da cidade.

0.18221521377563