O BNG da Coruña demanda labores de desratización na Travesía da Gaiteira

ACoruñaXa
As veciñas e veciños da Travesía da Gaiteira teñen alertado sobre a existencia nesa zona da cidade dunha praga de ratas
Imaxe dunha rata pola Travesía da Gaiteira
23 Abr 2024

O BNG da Coruña sinala que as veciñas e veciños da Travesía da Gaiteira teñen alertado sobre a existencia nesa zona da cidade dunha praga de ratas.

É por iso que o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral para a súa lectura no Pleno do vindeiro xoves 2M por medio do cal insta o Goberno Local a que no prazo máis curto de tempo posíbel se leven a cabo labores de desratización.

As demandas veciñais vehiculizounas a Asociación Veciñal Oza-A Gaiteira-Os Castros, entidade que presentou no rexistro do Concello un escrito para lle demandar ao Goberno Local que se adoptasen medidas para pór fin á praga.

0.1312952041626