O BNG da Coruña demanda aclaracións sobre o futuro das hortas urbanas da Agra do Orzán tras a urbanización en San Pedro de Visma

ACoruñaXa
A concelleira Mercedes Queixas demanda información sobre o futuro das hortas e solicita alternativas durante as obras
Imaxe dunha horta
29 Ago 2024

A concelleira do BNG na Coruña, Mercedes Queixas, manifestou a súa preocupación polo futuro das hortas urbanas da Agra do Orzán, que deixarán de estar dispoñibles para o cultivo a partir do 30 de setembro debido ás obras de urbanización do sector 2 de San Pedro de Visma.

Queixas destacou que as persoas usuarias destas hortas están alarmadas pola falta de información sobre o novo emprazamento e a data na que estarán dispoñíbeis para o seu uso. A concelleira nacionalista cuestiona ao Goberno Local sobre cal será o futuro destino destas áreas de cultivo, cando se prevé que estean operativas de novo e se se consideraría a posibilidade de continuar co cultivo na actual localización mentres as obras de urbanización non avancen.

A petición de Queixas busca aclarar as incertezas da veciñanza e garantir que se manteñan as oportunidades de cultivo para as persoas que utilizan estas hortas urbanas, vitales para a súa autosuficiencia e benestar.

0.18080306053162