O BNG comprométese a reforzar os servizos públicos e ás persoas máis vulnerables

ACoruñaXa
A candidata Mercedes Queixas apuntou que as prioridades do Goberno do PP son favorecer os negocios privados e as grandes fortunas
Mitin BNG en Bergondo
8 Feb 2024

Durante o sexta día de campaña a número dous da candidatura do BNG, Mercedes Queixas, ofreceu un mitin na Casa da Cultura de Bergondo. Acto no que aproveitou para denunciar as últimas medidas anunciadas polo PP de Galicia.

"Consumido o primeiro terzo de campaña, Rueda promete un novo bono para persoas maiores, de apenas 100 euros, e con evidente intención propagandística. Fai falta ter pouca vergoña para facer este anuncio despois de non ter criado nin unha soa preza nin en residencias nin en centros de día públicos", dixo Queixas.

A política de servizos sociais da Xunta -como a sanitaria- tense guiado nestes 15 anos de goberno ininterrompidos da dereita por un criterio básico, o de favorecer os negocios privados. "No canto de crear prazas en residencias públicas, o PP optou por facer concertos coas privadas", denunciou Queixas. "Un goberno galego presidido por Ana Pontón apostará polo reforzamento dos servizos públicos e pola protección das persoas en situación máis vulnerables".

Persoas en situación vulnerábel que sofreron a decisión da Xunta de eliminar a Tarxeta Básica. "A mesma Xunta que fixo un regalo fiscal de 32 millóns de euros ás 7 mil persoas máis ricas de Galiza ao aumentar as bonificacións do Imposto do Patrimonio. Esas son as prioridades do PP: favorecer os negocios privados e as grandes fortunas", criticou nun mitin no que tamén tomou a palabra a candidata Beatriz Pérez, Bea a da Estrella, e David Carro, portavoz do BNG en Bergondo.

0.12622690200806