O BNG alerta da presenza de xabarís no Parque de Bens e pide medidas urxentes

ACoruñaXa
Os danos afectan especialmente á zona dos xogos infantís, xerando preocupación entre as familias usuarias do parque
Xabaríns parque de Bens Coruña
18 Jan 2025

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) advertiu sobre a crecente presenza de xabarís no Parque de Bens, unha situación que está a xerar estragos significativos, especialmente na zona dos xogos infantís. O partido insta ao Goberno Local a adoptar medidas inmediatas para controlar a poboación destes animais e reparar os danos causados.

Entre os problemas detectados destacan céspede levantado, excrementos por toda a zona e valados danados, o que preocupa especialmente aos usuarios do parque, frecuentado por familias con nenos e persoas que pasean cos seus animais de compañía.

“O Concello debe, en colaboración coas administracións competentes, controlar a presenza de xabarís no parque e acometer as reparacións necesarias para devolver a seguridade e o bo estado á zona de xogos infantís”, subliñou Jorquera, portavoz do BNG. Ademais, recordou que xa presentou este tema como rogo oral no Pleno do Concello celebrado o pasado 9 de xaneiro.

0.16492700576782