O Batallador SD convoca unha folga para que o Concello lles facilite unhas instalacións para adestrar

ACoruñaXa
O club de fútbol demanda ao Goberno de Inés Rey a búsqueda dunha solución para poder adestrar nun campo municipal digno como o fan o resto de equipos da cidade
Campo San Pedro de Visma
5 Feb 2024
Este luns 5 de febreiro, desde as seis da tarde e ata os oito, o club de fútbol do barrio dos Mariñeiros Batallador SD, terá un adestramento reivindicación nos campos de San Pedro de Visma, para visibilizar o seu dereito para adestrar, como o resto dos clubs da Coruña.
A única alternativa ofrecida, segundo o club, é un campo de terra en Labañou, sen vestiarios nin duchas, polo que os seus deportistas levan tres meses sen adestrar, tendo que xogar os partidos con risco de lesión.
Ante a situación a directiva do club veuse obrigada a convocar unha folga para pedir ao concelleiro de Deportes un trato digno aos seus equipos. Dende o Partido Popular da Coruña instan o Goberno de Inés Rey a buscar unha alternativa para que os nenos e nenas do Batallador SD poidan adestrar en condicións ao impedirlles facelo no campo que lles asignaban en San Pedro de Visma.
O Grupo Popular manifesta que denunciou reiteradamente a falta de novas instalacións deportivas na cidade e a falta de mantemento das existentes, ademais do incumprimento por parte da alcaldesa da súa promesa realizada en 2019 de construír campos de fútbol en Feáns e na Fábrica de Armas.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17010879516602