O barrio do Ventorrillo celebra o xoves 31 a súa IX Ruta de Halloween/Samaín para os máis pequenos
A Asociación de Veciños Ventorrillo, en colaboración coa Asociación de Veciños Praza do Comercio, organiza a novena edición da popular Ruta de Halloween/Samaín, dirixida especialmente aos máis pequenos do barrio. A actividade celebrarase o xoves 31 de outubro, entre as 18:00 e as 20:00 horas, con inicio na sede da AVV Ventorrillo, situada na Rúa Alcalde Salorio Suárez, 26, 15010 A Coruña, e rematando na Praza do Comercio.
Os participantes poderán recoller os planos para o percorrido na AVV Ventorrillo e seguir a ruta ata chegar á Praza do Comercio, onde finalizará a actividade. Aínda que este ano non se conta co apoio necesario para decorar os locais, a organización decidiu manter a ruta para garantir a diversión dos nenos e nenas do barrio.
O evento conta coa colaboración do Concello da Coruña e Gadis. Os comercios que desexen participar na ruta poden poñerse en contacto coa organización mediante mensaxe privada ou a través do correo electrónico: avvventorrillo@gmail.com.