?> O Auditorio da Fábrica celebra este xoves unha conferencia sobre 'O cerebro e as pantallas' en ACoruñaXa

O Auditorio da Fábrica celebra este xoves unha conferencia sobre 'O cerebro e as pantallas'

ACoruñaXa
Está organizada por todas ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros, en colaboración co Concello de Oleiros
Imaxe do cartel da formación 'Cerebro e pantallas'
Imaxe do cartel da formación 'Cerebro e pantallas'
Redacción ACoruñaXa
25 abr 2024

Este xoves 25 de abril a pedadoga María Couso impartirá unha formación no Auditorio da Fábrica de Oleiros sobre 'O cerebro e as pantallas'. Está organizada por todas ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros, en colaboración co Concello de Oleiros.

O evento comezará as 17.00 horas. Ademais, esta formación está aberta a todo o público ata completar aforo.

A información sobre o evento é a seguinte:

Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía introdúcese na vida das persoas a idades cada vez máis novas e as pantallas (incluída a televisión) acompañan ás nosas xeracións dende o berce. Pero sabemos realmente cales son as consecuencias cognitivas do consumo nos primeiros anos de vida?

Quizais poucos reflexionamos sobre a importancia que gañou a era dixital no noso desenrolo. Moitos pais e profesionais, levados pola falsa crenza de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos seus fillos no mundo dixital crendo que por ser “nativos dixitais” xa están preparados dun xeito diferente ao que estaban os cerebros dos nosos avós cando naceron.

De aí nace a necesidade de compartir datos con rigor cientifico que aporten luz sobre esta cuestión e nos leven a posicionarnos de forma crítica e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.
O confinamento pola pandemia de COVID agravou todo o abuso de pantallas que xa se estaba producindo na práctica e a pesar das súas achegas positivas neses meses, o certo é que a maior parte do uso que se fixo da tecnoloxía foi lúdico e non necesariamente para resolver a distancia física entre as persoas.

Sexamos conscientes de todas as consecuencias cognitivas do uso de pantallas a idades temperás cunha base plenamente neurocientifica e polo tanto obxectiva e fiable.

Programa da formación:

  1. Maduración do cerebro
  2. Tecnoloxía e motivación
    • O motivo da adicción tecnolóxica
    • Adiccións derivadas da tecnoloxía na infancia e adolescencia
    • Nova clasificación internacional de trastornos do xogo a través da pantalla
  3. Organizacións internacionais e pantallas
  4. Consecuencias da exposición a pantallas
    • A nivel visual
    • A nivel relacional
    • A nivel cognitivo
    • Atención
    • Soño
    • Creatividade
    • Habilidade emocional
    • Linguaxe (oral e escrita)
  1. TEA e Pantallas
  2. Obsolescencia tecnolóxica
  3. COVID e tecnoloxía
  4. Beneficios do uso de pantallas
  5. Adolescencia e tecnoloxía
  6. Uso educativo da tecnoloxía
  7. Factores preventivos
  8. Decálogo dunha boa praxe acorde ó desenrolo cognitivo
  9. Que facer cando xa hai adicción?

 

 

Cartel Cerebro e pantallas instagram