O Aquarium da Coruña celebra o seu 25 aniversario cun gran lenzo Atlántico

ACoruñaXa
O mural de Manuel Suárez é unha peza única no mundo que amosa o oceáno Atlántico que mece as costas da Coruña
A alcaldesa Inés Rey e o artista que diseñou o lenzo Atlántico para o Aquarium da Coruña
12 Feb 2024

O Aquarium Finisterrae conmemora os seus 25 anos de historia na cidade da Coruña coa exposición dun gran lenzo 'Atlántico' do artista Manuel Suárez, unha peza única no país no seu formato. O mural exposto na sala Maremagnum, é unha obra de técnica mixta sobre un lenzo dunha soa peza de 2,50 m de alto por 60 m de longo, sendo a única coñecida no mundo nun soporte de tales dimensións.

A obra é resultado da concesión dunha bolsa de creación artística do Concello da Coruña, impulsadas polo Goberno de Inés Rey logo da pandemia da Covid-19 para a dinamización da cultura e a axuda aos artistas locais. "Grazas a esta bolsa puiden conectar coa miña creación e desenvolver este proxecto artísticos" sinalou Suárez. "O Atlántico forma parte da nosa identidade como cidade e deste Aquarium e dende hoxe fica non só no seu exterior, tamén no corazón do museo" sinalou Rey.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, destacou durante a inauguración este luns o liderado científico da Coruña, única cidade da súa dimensión en España que conta con tres museos científicos de titularidade municipal. "Non hai outra cidade que fixera unha aposta tan marcada pola ciencia como A Coruña", sinalou.

Con motivo do 25 aniversario, o Aquarium Finisterrae contará con novas exposicións na liña de 'Lixo Exquisito', aberta recentemente. "Como novidade, o Acuario incorporará ás exposicións obxectos recollidos do mar Atlántico, entre eles eles unha canoa procedente de América do Sur que foi recollida por un barco pesqueiro de Ferrol e que se exporá este ano", explicou a alcaldesa Inés Rey. Ademais, tamén chegarán novas especies aos acuarios mariños.

O Aquarium Finisterrae será o primeiro dos tres Museos Científicos en iniciar o proceso de dixitalización de contidos. Tamén se renovarán parte das infraestruturas, avanzando no peche perimetral e dispoñendo un novo tubo de captación que permitirá a entrada de auga mariña dende o fondo da bahía do Orzán.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.080496072769165