O Apalpador visitará as parroquias de Cambre este Nadal

O Apalpador, figura entrañable e símbolo do Nadal galego, fará un percorrido polas parroquias de Cambre durante estas festas. A iniciativa, promovida polo Concello, ten como obxectivo achegar esta tradición ás familias do municipio, especialmente á rapazada, nunha serie de encontros que se desenvolverán entre o 20 e o 30 de decembro.
O itinerario comezará mañá, venres 20 de decembro, cunha primeira visita ao local social de Bribes (Riveiriña) ás 17:00 horas, seguida doutro encontro no local social do Apeadeiro de Cecebre ás 18:15 horas. Durante os días seguintes, o Apalpador visitará outros puntos destacados, como o local social do Couto (Sigrás), o de Santa María de Vigo, ou a Casa da Cultura Vila Concepción no Temple, entre outros.
O programa continuará coas seguintes visitas:
- Sábado 21 de decembro: Local social do Couto (Sigrás) ás 17:00 horas e local social de Anceis (A Rocha) ás 18:15 horas.
- Luns 23 de decembro: Local social de Santa María de Vigo (Capela de San Roque) ás 17:00 horas e local social de Andeiro (A Torre) ás 18:15 horas.
- Xoves 26 de decembro: Local social de Cela ás 17:00 horas e local social de Pravio ás 18:15 horas.
- Venres 27 de decembro: Local social de San Lourenzo ás 17:00 horas e Casa do Pobo de Meixigo ás 18:15 horas.
- Sábado 28 de decembro: Campo municipal Dani Mallo (Cambre) ás 12:00 horas e local social de Brexo (A Pousadoira) ás 17:00 horas.
- Luns 30 de decembro: Local social da terceira idade (A Barcala) ás 17:00 horas e Casa da Cultura Vila Concepción (O Temple) ás 18:15 horas.
Este programa busca fortalecer as tradicións propias do Nadal galego, poñendo en valor a figura do Apalpador, o carboeiro das montañas que baixa cada ano para deixar agasallos e desexar un ano de fartura. Ademais de coñecer a súa historia, as familias poderán gozar de actividades e momentos máxicos en cada encontro.
O Concello de Cambre convida a toda a veciñanza a participar nestas visitas e a desfrutar dunha experiencia que mestura cultura, ilusión e identidade galega.