O anglo-francés 'Dandy' de Dinito Carballo, mellor exemplar da XXV Mostra de Cans de Caza de Abegondo

ACoruñaXa
O premio ao Mellor lote levoullo José Antonio Fernández pola súa camada de cachorros de raza beagle
Imaxes do mellor exemplar e do mellor lote na Mostra de Cans de Caza de Abegondo
17 Xuño 2024

‘Dandy’, o can de raza anglo-francesa de Dinito Carballo converteuse, onte, no mellor exemplar da Mostra de Cans de Caza de Abegondo. Este non é o primeiro galardón que recibe o can, xa que o ano pasado resultou tamén premiado na Mostra, recibindo o premio de Caza maior.

Na 25º edición da cita, organizada de forma conxunta pola Asociación de Cazadores e o Concello, participaron decenas de cans de distintas razas e procedentes de toda a comarca. O remate chegou coa entrega de premios, que entregaron o alcalde, José Antonio Santiso, o concelleiro de Infraestruturas e Obras, Alberto Seoane, e representantes da Asociación de Cazadores.

Ademais do de ‘Dandy’, tras a deliberación do xurado, outorgáronse estes galardóns:

• Caza maior:

1. Manuel Bada co seu can ‘Irán’ (leonardo de Bretaña)
2. Alberto de Arteixo con ‘Brus’ (azul de gascuña)
3. Iván Souto con ‘Gorila’ (sabuxo español)

• Caza menor (pelo):

1. Javier de Valga co seu can ‘Ray’ (beagle)
2. Jorge Ángel Santos con ‘Catoira’ (petit basset)
3. Jorge Maroño con ‘Duque’ (beagle)

• Caza menor (pluma):

1. Antonio Fernández con ‘Brus’ (setter inglés)
2. Luis Barcia con ‘Floky’ (bretón)
3. Santiago Mene con ‘Max’ (setter inglés)

• Mellor lote:

Foi a parar a mans de José Antonio Fernández pola súa camada de beagles.

• Mellor jauría:

Recaeu en Josecho Laracha polo seu jauría de anglo-francés.

0.19083905220032