O alumno da UDC Manuel Taibo, campión do Mundo Universitario de patinaxe de velocidade
O estudante da Facultade de Informática da Universidade da Coruñae e recoñecido Deportista de Alto Nivel da UDC (DANUDC), Manuel Taibo González acaba de conseguir a medalla de ouro na proba de 'Mass Start' (saída en masa) do Campionato do Mundo da modalidade de patinaxe de velocidade que se celebrou en Hamar (Noruega) do 22 ao 25 de febreiro.
O galego rematou a carreira cun impresionante tempo de 08:38.30, por diante do patinador noruegués Sigurd Holb Dyrset, medalla de prata cun crono de 08:38.35; e de Max Douma, de Holanda, que acadou o bronce cunha marca de 08:39.10.
Manuel Taibo González, nado en Oleiros no 2004, xa se proclamara campión do mundo júnior nos 1.000 metros sprint nos World Skate Games que se celebraron en Arxentina no ano 2022.
O campionato que rematou o pasado domingo, día 25 de febreiro, en Noruega foi organizado pola Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU).