O alcalde de Oleiros recibe a un grupo de estudantes do liceo francés La Salle de Annecy

ACoruñaXa
Os alumnos do instituto francés en compaña dun grupo do IES María Casares de Santa Cruz visitaron este martes ao alcalde Ángel García Seoane na Casa Charry
Oleiros -visita ao concello_intercambio alumnado frances
Oleiros -visita ao concello_intercambio alumnado frances
30 ene 2024

Un grupo de 30 alumnos e alumnas do liceo College La Salle de Annecy (Francia) atópanse estes días visitando Galicia da man dun grupo de estudantes do IES María Casares de Santa Cruz .

Hoxe acudiron á Casa Charry para visitar ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, quen lles falou do concello como un lugar distinto e singular, destacando datos como o pracer de vivir na natureza, o esforzo que realizou a cidadanía por ter tantos parques, unha costa libre, o gran número de preciosos edificios recuperados, as casas para festas e en xeral o interesante que é o municipio para vivir e gozar.

A visita rematou diante da Casa Consistorial onde o alcalde, acompañado polos concelleiros María José Santos e Ramón Maceira, agasallou ao liceo francés cun conxunto de publicacións municipais onde se detalla a historia do municipio, o patrimonio público arquitectónico e cultural así como os numerosos espazos verdes dos que poden gozar durante a súa visita a Oleiros.