O alcalde de Oleiros presenta ás entidades veciñais o orzamento de 2025

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo unha reunión con representantes das principais entidades veciñais para expor o orzamento municipal para o ano 2025, que será sometido a aprobación no pleno do próximo xoves 24 de outubro. O orzamento ascenderá a 47,85 millóns de euros, un incremento de 4 millóns con respecto ao ano anterior.
Entre os puntos máis destacados, García Seoane sinalou que máis da metade do orzamento será dedicado ao mantemento dos servizos e infraestruturas públicas, con 12 millóns destinados ao persoal e 15 millóns ao gasto corrente. Tamén subliñou que o capítulo de obras públicas contará cun investimento de 17 millóns de euros.
Na reunión, o alcalde tamén aproveitou para informar sobre outros temas de actualidade municipal, como o proceso de redacción da Axenda Urbana 2030, un plan estratéxico no que as entidades veciñais poderán participar activamente.