O alcalde de Arteixo é expulsado do pleno da Deputación da Coruña

ACoruñaXa
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, suspendeu durante unha hora a sesión plenaria deste venres
Pleno Deputación Coruña 2 febrero
Imaxe de arquivo do pleno da Deputación
28 Xuño 2024
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, suspendeu este venres durante unha hora o pleno da entidade logo de expulsar ao alcalde popular de Arteixo, Carlos Calvelo.
A suspensión produciuse durante a quenda de rogos e preguntas despois de que o rexedor arteixán solicitase explicacións ao presidente polos obstáculos administrativos que está a impoñer a Deputación á construción dun novo parque de bombeiros no polígono de Morás.
Onte o pleno do Concello de Arteixo aprobou unha moción respecto a este tema onde se explica de forma cronolóxica a situación actual da construción dun novo parque de bombeiros comarcal no polígono de Morás que veña a substituír ás instalacións actuais situadas no polígono de Sabón que sofren graves problemas estruturais que foron denunciados polos propios bombeiros. A continuación, transcribimos a moción aprobada onte que explica a situación actual do traslado do parque de bombeiros comarcal.

 

 

 

 

 

 

 

0.15075707435608