O 24 e 26 de maio a Reserva da Biosfera organiza as ‘VI Xornadas sobre ornitoloxía’

ACoruñaXa
A Reserva de Biosfera e Hábitat organizan as VI Xornadas sobre ornitoloxía con formación e maratón no territorio
Imaxe recurso de ornitoloxía
23 Maio 2024

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e o Grupo Naturalista Hábitat organizan as ‘VI Xornadas sobre ornitoloxía’, que se celebrarán durante os días 24 e 26 de maio, sendo necesaria a inscrición previa a través do formulario web dispoñible en www.gnhabitat.org.

A primeira xornada, a do venres, acollerá unha sesión formativa de 19:30 a 21:30 horas na sede da Reserva. O obxectivo será diferenciar e identificar as especies de aves máis representativas da nosa contorna, así como trucos e anécdotas de man de expertos ornitólogos con moitos anos de experiencia.

As e os asistentes poderán aprender como usar as ópticas e outros materiais que se usan no traballo de campo e aclararanse posibles dúbidas que vaian xurdindo.

O domingo será a saída ao campo para poñer en práctica os coñecementos obtidos na aula. Celebrarase o maratón ornitolóxico da Reserva, que alcanza a súa edición XI.

Trátase dunha competición por equipos para avistar todas as aves posibles en horario de 0.00 a 18.00. Na web disponse das bases do concurso e a listaxe de todas as aves que se poden atopar no territorio.

0.10066199302673