O 10 de maio celébrase en Arteixo o Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía"

ACoruñaXa
O evento contará cunha actuación musical de Paty Lesta en lembranza da escritora Luisa Villalta e un viño de honra ofrecido polo Concello de Arteixo
Imaxe do cartel do certame Manuel Murguía
Imaxe do cartel do certame Manuel Murguía
3 may 2024

O Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo vén de anunciar os seus finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o vindeiro 10 de maio, venres, ás 19.30 no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo.

O xurado, reunido o 13 de abril de 2024 ás 10.00 horas en dependencias do Concello de Arteixo, decidiu por unanimidade premiar as seguintes obras finalistas:As guerras pequenas, presentada baixo o lema “Chichabel” e con autoría de Clara Isabel Rodríguez Giráldez; As regras, presentada baixo o lema “Cardeñoso” e con autoría de Antía Yáñez Rodríguez; Eivas, presentada baixo o lema “Isaac Ferguson” e con autoría de Óscar Reboiras Loureiro.

Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 euros e a edición da obra para o primeiro, 2000 euros e a edición da obra para o segundo e 1000 euros e a edición da obra para o terceiro.

No acto de entrega contárase coa presenza do xurado, quen fará unha valoración sobre as obras premiadas así como sobre a presente edición do Certame.

“O xurado valora que nesta edición se teña contado cun grande número de relatos de calidade. Tamén quere resaltar unha importante heteroxeneidade de estilos, a variedade dos temas a tratar e a orixinalidade no tratamento dos mesmos.”

Ademais contárese con outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical de Paty Lesta, unha lembranza da escritora Luisa Villalta (autora homenaxeada no Día das Letras Galegas) e un viño de honra ofrecido polo Concello de Arteixo.

33CertameManuelMurguia_Convite_2024