Naturgy subministraralle a Inditex o gas renovable producido coas augas residuais da depuradora de Bens

ACoruñaXa
O gas renovable producido na depuradora EDAR de Bens da Coruña subministrarase a Inditex na súa totalidade.
concellocoruña
18 Xan 2024

O gas renovable producido na depuradora EDAR de Bens da Coruña subministrarase a Inditex na súa totalidade. Así a empresa téxtil poderá cubrir o 75% de consumo do gas natural das súas naves en Arteixo e A Laracha.

Deste xeito, a empresa enerxética Naturgy e o Concello de A Coruña asinaron esta maná o acordo con Inditex para subministrarlles os 5,1 GWh de biometano, un gas con calidades equivalentes ás do gas natural, xerado a partir do tratamento de 130.000 m3 de augas residuais procedentes da cidade.

A EDAR de Bens encargarase da produción do biometano, mentres que Naturgy levará a cabo a limpeza e purificación do gas e da súa entrega a Inditex. Esta iniciativa permitiralle á multinacional téxtil seguir avanzando na redución das súas emisións de carbono e na utilización de fontes de enerxía cun menor impacto medioambiental. Por outra banda, os beneficios que se obterán grazas a este este acordo reinvestiranse en proxectos de I+D+i vencellados cos gases renovables e a economía circular nas instalacións da EDAR de Bens.

Concello da Coruña sinala que levan anos traballando na obtención de enerxías limpas por medio da xestión dos residuos. "Este acordo supón un importante fito que ilustra o potencial do biometano como vector enerxético estratéxico para impulsar a descarbonización industrial de maneira eficiente", explica María Higueras, directora de vendas ao mercado industrial de Naturgy.

Con cada vez máis demanda nos países europeos, o biometano, é unha alternativa enerxética aos combustibles fósiles que pode ser empregada fogares e industrias e como combustible para vehículos.

0.12141704559326