Miño traslada a Festa do Samaín ao 3 de novembro en sinal de respeto pola traxedia na Comunidade Valenciana

ACoruñaXa
As actividades festivas foron retrasadas como mostra de solidariedade, e inclúen entrega de premios, caramelos e un concerto na rúa Xacedós
Imaxe do Concello de Miño
31 Out 2024

O Concello de Miño anunciou a súa adhesión aos tres días de loito oficial como mostra de respecto e solidariedade fronte á tráxica situación na Comunidade Valenciana, afectada polo paso da DANA. O consistorio expresou o seu apoio e condolencias ás familias das persoas falecidas e a todas aquelas que se viron afectadas. Como sinal de duelo, a bandeira española ondea xa a medio mastro no Concello en honra ás vítimas.

Neste contexto de loito, o Concello comunicou a suspensión do concerto e a festa de Halloween programados para hoxe, trasladando ambas as celebracións ao próximo domingo, 3 de novembro. As actividades iniciarán ás 11:30 horas coa entrega de caramelos para as vivendas de Costa Miño que participen no concurso, seguida da entrega de premios dos concursos de cabazas e casas decoradas. O evento culminará co concerto, previsto para as 13:30 horas, na carpa da rúa Xacedós.

Con estas accións, o Concello de Miño rende homenaxe ás vítimas e reforza o seu apoio ás persoas afectadas por esta traxedia, mentres adapta a súa programación para respectar o duelo establecido.

0.19983100891113