Miño realiza unha entrega especial de alimentos polo Nadal a familias vulnerables

O Concello de Miño quere garantir que todas as familias do municipio poidan celebrar unhas festas de Nadal especiais. Por este motivo, organizou unha entrega especial de alimentos destinada a 120 veciños e veciñas, beneficiarios da axuda subvencionada pola Deputación da Coruña.
Os lotes, que se están entregando durante estes días, inclúen produtos esenciais como leite, aceite, ovos, carne, embutidos, froitas e verduras, ademais de alimentos conxelados, artigos de hixiene e limpeza e outros propios destas datas festivas.
Todos os produtos foron adquiridos en establecementos locais de Miño, co obxectivo de apoiar o comercio de proximidade e fortalecer o tecido económico do municipio.