Miño organiza unha excursión a Carnota e Fisterra o 7 de febreiro

ACoruñaXa
As inscricións realizaranse na Oficina de Turismo de Miño desde o 29 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles
Faro de Fisterra
Faro de Fisterra
26 Jan 2025

O Concello de Miño organizou unha excursión cultural para o vindeiro venres 7 de febreiro, dirixida especialmente ás persoas empadroadas no municipio e maiores de 55 anos, que terán prioridade na inscrición.

A xornada comezará ás 9:30 horas, con saída desde a Rúa do Mercado. O itinerario inclúe visitas aos emblemáticos hórreos de Carnota e Lira, así como ao recoñecido faro de Fisterra, un lugar cargado de historia e tradición. Ademais, os asistentes gozarán dun xantar no restaurante Insua, na localidade de Cee, onde poderán degustar un menú que inclúe fideos con ameixas, carne asada con patacas, sobremesa, café e bebida (auga, viño branco ou tinto).

O prezo da actividade é de 8 euros para o transporte en autobús, mentres que a comida terá un custo de 17,50 euros por persoa. A chegada de regreso a Miño está prevista para as 21:00 horas aproximadamente.

As inscricións realizaranse na Oficina de Turismo de Miño desde o 29 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles.

0.16523098945618