Miño organiza un obradoiro para descubrir o mundo da dobraxe

ACoruñaXa
Unha actividade lúdica e divulgativa para nenos e nenas maiores de 8 anos, con prazas limitadas
dobraxe miño
19 Dec 2024

O Concello de Miño organiza o próximo sábado 30 de decembro o espectáculo-obradoiro Descubrindo a dobraxe, unha oportunidade única para achegarse ao apaixonante universo da dobraxe audiovisual. A actividade, dirixida a nenos e nenas maiores de 8 anos, terá lugar no Centro Social da Rúa ás 17:30 horas e contará cun enfoque didáctico, lúdico e divulgativo.

O obradoiro permitirá aos participantes coñecer o proceso de dobraxe e experimentar de forma práctica o funcionamento desta disciplina, clave no mundo do cine e a televisión. Organizado pola Deputación da Coruña e FMEC Producións, esta iniciativa está enmarcada dentro do programa Cultura en Camiño.

As prazas son limitadas, polo que se require inscrición previa a través do correo electrónico cultura.deportes@concellodemino.gal, do teléfono 981 784 405 ou acudindo directamente ao Concello de Miño.

⚙ Configurar cookies
0.55013298988342