Miño organiza dous obradoiros gratuítos sobre posparto e alimentación complementaria

ACoruñaXa
As sesións, que se celebrarán o 20 e 21 de setembro, serán impartidas pola especialista en maternidade e lactancia Paula García Otero no Coworking Casa do Pescador
familias en camiño
16 sep 2024

O Concello de Miño, dentro do seu programa "Familias en CaMiño", organiza dous obradoiros gratuítos dirixidos a apoiar ás familias no ámbito da maternidade e a crianza. Estas actividades, que inclúen formación sobre o posparto, a lactancia e a alimentación complementaria, están programadas para os días 20 e 21 de setembro e terán lugar no aula de formación do Coworking Casa do Pescador.

O primeiro dos obradoiros, centrado no posparto e nas diferentes lactancias, celebrarase o venres 20 de setembro de 17:00 a 20:00 horas. O segundo, que tratará sobre alimentación complementaria e o método BLW (Baby Led Weaning), desenvolverase o sábado 21 de setembro de 11:00 a 12:30 horas.

Ambas as sesións serán impartidas por Paula García Otero, especialista en acompañamento da maternidade, anquiloglosia e asesora certificada de lactancia. A participación é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden facelo presencialmente na casa consistorial ou a través do teléfono 981 782 006.

Estes obradoiros forman parte das diversas iniciativas promovidas polo Concello de Miño para apoiar ás familias e crear espazos de formación e intercambio sobre temas cruciais relacionados coa crianza e o benestar familiar.

0.10047006607056