Miño oferta oferta 610 prazas nos seus campamentos de conciliación e deportivos deste verán
O Concello de Miño oferta ata 610 prazas nos seus dous campamentos de verán este ano, co obxectivo de dar aos pequenos e pequenas unha alternativa de lecer durante a tempada estival, favorecendo así a conciliación da vida laboral e familiar.
O prazo de preinscrición abrirá mañá, 14 de maio, e estará dispoñible ata próximo día 26.
Os de conciliación están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre os anos 2012 e 2020, ambos inclusive, e dividiranse en catro quendas: primeira e segunda quincena de xullo e primeira e segunda quincena de agosto. Poderanse solicitar os catro quendas pero darase preferencia a que todos os solicitantes teñan concedido un.
levarán a cabo en dous espazos diferentes: o local social de Bemantes e a antiga escola unitaria de Xarío. Ofértanse 80 prazas nas tres primeiras quincenas, e 70 a última.
O horario de entrada poderá ser en calquera momento entre as 7.30 e as 9.30 horas ou ás 10.00 horas e o de saída ás 14.00 horas ou entre as 15.00 e as 16.00 horas. Non hai servizo de comedor polo que se deberá traer a comida de casa e existe a posibilidade de quentala nun microondas.
No caso dos campamentos deportivos están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2016, ambos inclusive, e dividiranse en catro quendas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 16 de agosto e do 19 ao 31 de agosto.
A zona de entrega e recollida dos participantes será o centro socio cultural de Loios e priorizaranse as actividades ao aire libre nos diferentes espazos naturais e deportivos do municipio. Ofértanse 80 prazas nas dúas primeiras quincenas e 70 nas dúas segundas, formándose grupos dun máximo de 10 participantes.
Darase prioridade ás persoas empadroadas en Miño. O horario de entrada poderá ser ás 9.00 horas ou ás 10:00 horas e o de saída ás 14.00 horas.
As solicitudes poderán presentarse de forma telemática a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro. Publicaranse as listas definitivas na web municipal.
Ambos os campamentos non faltan á súa cita, do mesmo xeito que o ano pasado, e cumprindo co Plan de Igualdade municipal, a opción de conciliación outorga prioridade ás fillas e fillos de persoas que traballen en Miño. Toda a información está dispoñible na web municipal.