Miño oferta 10 prazas de socorrista para este verán

ACoruñaXa
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro mércores, 29 de maio
Imaxe recurso de salvamento marítimo
24 Maio 2024

O Concello de Miño vén de anunciar a contratación de dez socorristas para afrontar a tempada de verán nas praias do municipio. Neste sentido, publicou este venres as bases que rexerán a convocatoria de contratación.

O contrato, a xornada completa, estenderase desde o 15 de xuño ata o 14 de setembro de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro mércores, 29 de maio. Para participar no proceso, os aspirantes deben estar rexistrados no Rexistro Profesional de persoal socorrista, información e primeiros auxilios de Galicia e presentar no Rexistro Xeral do concello ou na sede electrónica a documentación necesaria.

 

0.20563101768494