Miño mellora os servizos da praia Marín en Perbes e instala unha plataforma de madeira

ACoruñaXa
Os traballos, que xa finalizaron, tamén permitiron asegurar o noiro e eliminar especies invasoras
Imaxe da praia Marín en Perbes
15 Maio 2024

Cambio total de imaxe para a praia de Marín (Perbes), na que o Concello de Miño, a través dun proxecto cun orzamento total de 90.700 euros, instalou unha nova plataforma de madeira e mellorou os servizos, quedando así lista para afrontar a tempada de verán.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e outros membros do goberno local visitaron o areal tras culminar as obras, que permitiron: acondicionar o camiño de acceso, crear unha plataforma de madeira que permite controlar a erosión do bordo litoral e gozar do espazo natural e a paisaxe, eliminar as especies exóticas invasoras e canalizar os servizos de auga e electricidade.

0.35235714912415