Miño impulsa unhas xornadas micolóxicas para achegar á veciñanza ao mundo das setas

ACoruñaXa
Rutas guiadas e pícnic comunitario en Ponte do Porco son parte das actividades que fomentan o coñecemento e disfrute do patrimonio natural do municipio
setas-cogomelos
1 Out 2024

O Concello de Miño presentou a programación das súas novas xornadas micolóxicas, incluídas no marco dos Obradoiros Culturais 2024-2025, co obxectivo de promover o coñecemento e a recolección de cogomelos no contorno natural do municipio. Estas actividades desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro, e brindarán unha experiencia educativa e práctica no mundo da micoloxía.

As xornadas inclúen rutas guiadas onde os participantes poderán aprender a identificar e recoller distintas especies de cogomelos. Ao rematar a actividade no campo, organizarase un pícnic comunitario no Local Social de Ponte do Porco, onde cada asistente achegará a súa comida, promovendo un ambiente de socialización.

As actividades están programadas para dúas datas: o 19 de outubro e o 30 de novembro de 2024, ofrecendo varias oportunidades para aqueles interesados en descubrir a micoloxía e a natureza de Miño. As inscricións están abertas para maiores de 18 anos e poden realizarse tanto de maneira presencial como en liña nas oficinas do concello.

Este evento forma parte do programa Cultura EnCaMiño, que busca achegar á cidadanía a cultura e o patrimonio natural da rexión. O Concello de Miño convida a todas as persoas a participar e descubrir a riqueza micolóxica da zona nunha experiencia única en contacto coa natureza.

Xornadas micolóxicas
0.079121828079224