Miño festexou con éxito a súa Feira da Cebola Chata

ACoruñaXa
A celebración atraeu a miles de persoas e ofreceu unha xornada repleta de actividades, obradoiros e degustacións do produto estrela
Imaxe da feira de Cebola Chata en Miño 2024
5 Ago 2024

A XXIII edición da Feira da Cebola Chata resultou ser un gran éxito, congregando a miles de persoas na localidade durante toda a xornada. Este evento, que destaca o produto máis emblemático da comarca, encherá a vila de actividade e sabor.

A feira abriu as súas portas ás 10.00 horas cun mercado de artesanía e outro tradicional, onde se expuxeron, entre outras cousas, as célebres cebolas chatas de Miño, así como froitas e verduras.

A programación da carpa principal comezou ás 10.30 horas coas visitas guiadas teatralizadas de Trécola Producións e a celebración do Entroido de Samede, unha tradición do concello veciño de Paderne. A xornada tamén contou con actividades como o "photocall ceboleiro" e obradoiros de recuperación tradicional do calzado con Alejandro, o Anacoreta Nortenho, e de elaboración de sombreiros de palla con Isabel Liñares.

O pasacalles “Transhumancia Sonora” do grupo Paporrubio tivo lugar ás 12.00 horas na rúa do Mercado, seguido de degustacións que comezaron ás 13.00 horas. Os asistentes puideron probar o “Bocadillo da Avoa”, preparado polo restaurante peruano La Conquista, e a degustación “Harmonía de Cebola Chata con viños da IXP Terra de Betanzos”, grazas á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

A sesión vermú comezou ás 13.30 horas co grupo Os Revenidos, antes de disfrutar da comida a base de navajas e churrasco, servida pola A.D. Miño, que deixou aos comensais máis que satisfeitos.

A partir das 19:00 horas, continuáronse os obradoiros na carpa principal, que incluíron enristrado de cebolas chatas, confección de sombreiros tradicionais do Entroido de Samede, baile e pintura en vivo, todos inspirados no tema “ceboleiro”. Cando se achegaba o final da xornada, ás 19.30 horas, ofreceron empanada de cebola chata no punto de venda do concello.

Para rematar a festa, ademais de máis navajas e churrasco para cear, o grupo Versionettes puxo o broche final cunha actuación que fixo gozar ao público. A Feira da Cebola Chata demostrou unha vez máis ser un evento destacado no calendario estival, con actividades variadas e unha gran afluencia de público.

0.1783618927002